Accesibilidade
Accesibilidade
O Parlamento de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con eivas ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas. Temos disoñible unha ferramenta de apoio a navegacion da parte publica da sede.
O contido está en formato XHTML - unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web. Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, ligazóns) están escritos de xeito concorde ao nivel de prioridade A das Directrices de accesibilidade para contido web do W3C. Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e as ligazóns. Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Safari, Internet Explorer, etc.
Actualmente este sitio web estase a auditar para que todas as súas páxinas cumpran o nivel AA segundo a Norma UNE 139803:2004 e as Directrices de accesibilidade para o contido web 1.0 do W3C. Os requisitos de prioridade 1 e os de prioridade 2 están sendo comprobados cunha análise manual da accesibilidade mediante diferentes ferramentas semiautomáticas polo Servizo de Tecnoloxías da Información do Parlamento de Galicia.
Periodicamente realízanse revisións manuais e automáticas para garantir o nivel adecuado de accesibilidade. A última revisión realizouse o día 20 de novembro de 2018.