Requisitos técnicos

En xeral, para poder presentar solicitudes a través desta sede, vostede deberá contar cos seguintes requisitos:
1. Equipos con sistema operativo Windows (Windows 7 ou superior)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Internet Explorer 11, Firefox ou Chrome. Non se garante o correcto funcionamiento no caso do navegador Edge pola súa incompatibilidade coa ferramenta AutoFirma.

  • Debe empregar como sistema de sinatura electrónica un certificado electrónico instalado no navegador, ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta, sempre que teña instalada AutoFirma para Windows (32 bits ou 64 bits). Pode descargar aquí o manual de instalación.

2. Equipos con sistema operativo Mac (probado con OS X 10.11)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Safari, Firefox ou Chrome.
  • Debe empregar como sistema de sinatura electrónica un certificado electrónico instalado no navegador, ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta (só con Firefox), sempre que teña instalada AutoFirma para Mac. Pode descargar aquí o manual de instalación.

3. Equipos con sistema operativo Linux (probado con Ubuntu 11.04)

  • Debe empregar un dos seguintes navegadores: Firefox ou Chrome.
  • Debe empregar un dos seguintes sistemas de sinatura electrónica: un certificado electrónico instalado no navegador, ou DNI ou outro certificado sobre tarxeta (só con Firefox), sempre que teña instalada AutoFirma para Linux. Pode descargar aquí o manual de instalación.

Autofirma

Para poder asinar electronicamente as súas solicitudes na sede, deberá ter instalado no seu equipo o compoñente de AutoFirma. Trátase dunha ferramenta de escritorio que permite a execución de operacións de sinatura electrónica de documentos no seu propio equipo (tanto en Windows como en Linux ou Mac).

Se non dispón del, pode descargalo desde este enderezo: http://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html

Esta ferramenta fai uso das claves privadas asociadas aos certificados da persoa usuaria e non permite que estes saian en ningún momento do almacén (tarxeta, dispositivo USB ou navegador) localizado no seu equipo.

Non almacena ningún tipo de información persoal do usuario e tampouco non fai uso de rastros (cookies) nin de ningún outro mecanismo para a xestión de datos de sesión. AutoFirma si almacena trazas da súa última execución para ofrecer soporte á persoa usuaria no caso de atopar algún erro. Estas trazas de execución non conteñen ningún tipo de información persoal e a aplicación non facilita de ningunha forma o acceso a estes datos almacenados.

Tamaño máximo dos documentos presentados

Cando vostede realice algún trámite de maneira electrónica a través desta sede, debe lembrar que os documentos presentados non poden superar os 20 MB en total (todo o lote de documentos). De ser o caso, o sistema indicaráo cunha mensaxe de advertencia.

Formato de documentos admitidos

Só se admiten a través desta sede documentos presentados en formato PDF. Se vostede ten os ficheiros noutro formato, debe convertelos a PDF antes de realizar o trámite. Os documentos PDF non poden estar protexidos.