Aviso legal
Calidade da información
O Parlamento de Galicia velará pola certeza, exactitude e veracidade de todos os datos e contidos publicados na sede electrónica, para o que realizará os esforzos precisos para ofrecer unha información completa e actualizada, evitar erros, e no seu caso, rectificalos.
Así mesmo, a institución comprométese a procurar unha mellora constante en termos de deseño responsable, usabilidade e accesibilidade para garantir o acceso a todas persoas con independencia das súas capacidades físicas, sensoriais ou intelectuais.
O Parlamento de Galicia resérvase o dereito de realizar, en calquera momento, modificacións sobre a información contida na sede electrónica así como na súa configuración ou presentación, sen que sexa necesario aviso previo.
Cláusula de exención de responsabilidade
Tanto o acceso á sede electrónica, como o uso da información contida na mesma son de exclusiva responsabilidade de quen o realiza. O Parlamento de Galicia non responderá de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidera derivarse de dito acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación da lexislación á que deba someterse no exercicio das súas competencias.
O Parlamento de Galicia non garante a inexistencia de erros no acceso á sede electrónica ou nos contidos nesta publicados, nin que estes se atopen completamente actualizados. Unicamente son contidos oficiais os recollidos na versión dixital do Boletín Oficial do Parlamento de Galicia.
O Parlamento de Galicia non será responsable de posibles danos ou prexuízos que se poidan derivar de interferencias, omisións, interrupcións, virus informáticos, avarias telefónicas ou desconexións no funcionamento operativo do sistema motivados por causas alleas á institución, así como dos danos que poidan causar terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control do Parlamento de Galicia.
O Parlamento de Galicia non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos propiedade de terceiros que poidan estar enlazados nesta web. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas pertencen aos seus respectivos autores e propietarios e a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces serán inmediatamente retirados.
A presente cláusula de exención de responsabilidade non ten por obxecto limita-la responsabilidade do Parlamento de Galicia de forma contraria ó disposto polas normativas aplicables, nin excluí-la súa responsabilidade nos casos nos que, en virtude das ditas normativas, non se poida excluír.
Uso de linguas
De acordo co artigo 15 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que garante o exercicio dos dereitos lingüísticos recoñecidos no ordenamento xurídico español, a sede electrónica posibilita o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.