Normativa

As normas do Parlamento de Galicia que rexen o funcionamento da sede electrónica son as seguintes:


  • Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia.
  • Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia.

Adicionalmente, o Parlamento terá en conta o marco xurídico conformado polas seguintes normas:

  • Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Real decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema nacional de interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica
  • Real Decreto 311/2022, do 3 de maio, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade
  • Real decreto 1720/2007, do 21 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal
  • Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos personais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE (Regulamento xeral de protección de datos)
  • Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de proteción de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais (LOPDGDD)

Protección de datos

A continuación achegámoslle a información sobre a política de protección de datos do Parlamento de Galicia.

Responsable do tratamento

Os datos de carácter persoal que se puidesen recoller directamente da persoa interesada serán tratados de forma confidencial e quedarán incorporados á correspondente actividade de tratamento de titularidade do Parlamento de Galicia.

A relación actualizada das actividades de tratamento que o Parlamento de Galicia leva a cabo encóntrase dispoñible na seguinte ligazón ao rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia.

Finalidade

A finalidade do tratamento dos datos corresponde a cada unha das actividades de tratamento que realiza o Parlamento de Galicia e que están accesibles no rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia.

Lexitimación

O tratamento dos seus datos realízase para o cumprimento de obrigas legais por parte do Parlamento de Galicia, para o cumprimento de misións realizadas en interese público ou no exercicio de poderes públicos conferidos ao Parlamento de Galicia, así como cando a finalidade do tratamento requira o seu consentimiento, que deberá ser prestado mediante unha clara acción afirmativa.

Pode consultar a base legal para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Parlamento de Galicia no seguinte enlace ao rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia.

Conservación de datos

Os datos persoais proporcionados conservaranse durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recadan e para determinar as posibles responsabilidades que se puidesen derivar da finalidade, ademais dos períodos establecidos en materia de arquivo e documentación.

Comunicación de datos

Con carácter xeral non se comunicarán os datos persoais a terceiros, agás nos supostos en que exista unha obriga legal.

Pode consultar os destinatarios para cada unha das actividades de tratamento que leva a cabo o Parlamento de Galicia no seguinte enlace ao rexistro de actividades de tratamento do Parlamento de Galicia.


Dereitos dos interesados


Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre os tratamentos dos seus datos que leva a cabo o Parlamento de Galicia.

Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión e portabilidade dos seus datos, de limitación e oposición ao seu tratamento, así como a non ser obxecto de decisións baseadas unicamente no tratamento automatizado dos seus datos, cando procedan, ante o Parlamento de Galicia, (rúa do Hórreo, 63, 15701 Santiago de Compostela) ou mediante a presentación electrónica das súas solicitudes segundo o recollido na sección de Protección de datos do sitio web do Parlamento de Galicia.