Código seguro de verificación
Todos os documentos electrónicos asinados polo Parlamento de Galicia posúen un código seguro de verificación (CSV), que identifica, de forma única, as disposicións, actos e anuncios publicados polo Parlamento, e que está impreso nos documentos de forma visible. Este código ten unha utilidade fundamental en tanto que posibilita o cotexo cun documento electrónico orixinal e convérteo nunha copia auténtica. Do mesmo xeito, permite contrastar a autenticidade de calquera documento electrónico xerado polo Parlamento de Galicia.
Mediante este servizo, poderase comprobar a sinatura electrónica, a integridade e a autenticidade dun documento asinado dixitalmente por quen represente o Parlamento. Só ten que introducir neste recadro o CSV que aparece impreso no documento que desexa verificar.
No caso de que o documento sexa válido, tamén terá a posibilidade de obter unha copia do orixinal en formato electrónico.
Se dispón do documento electrónico, tamén pode empregar VALIDe, o validador de sinatura electrónica do portal administracion.es.
Pode acceder aquí á guía de uso de VALIDe.