Relación de trámites dispoñibles

A sede electrónica do Parlamento de Galicia ofrece dous tipos de trámites: aqueles que son de acceso libre para toda a cidadanía e aqueles que requiren a identificación da persoa usuaria, ben a través de certificado electrónico, ben a través de claves concertadas.

Acceso libre

  • Consulta do catálogo de procedementos administrativos do Parlamento de Galicia
  • Obtención de impresos e formularios
  • Acceso á normativa reguladora
  • Acceso á edición dixital dos boletíns do Parlamento
  • Verificación de documentos a través do código seguro de verificación (CSV)
  • Acceso ao taboleiro de anuncios e aos edictos do Parlamento
  • Avisos de interese para a cidadanía
  • Consulta da hora oficial da sede
  • Acceso ao calendario de días inhábiles
  • Acceso ao perfil do contratante do Parlamento de Galicia
  • Acceso á plataforma de licitación electrónica do Parlamento de Galicia (só como usuario público en modo consulta)
  • Acceso á factura electrónica

Acceso mediante certificado electrónico

  • Presentación electrónica de solicitudes naqueles procedementos administrativos que estean habilitados para a súa tramitación electrónica
  • Sistema de verificación dos certificados da sede
  • Consulta a través do cartafol cidadán do estado de tramitación dos expedientes presentados ante o Parlamento de Galicia
  • Consulta a través do cartafol cidadán do estado dos asentos existentes no Rexistro do Parlamento de Galicia
  • Achega de documentación adicional nos expedientes abertos co Parlamento de Galicia