Cartafol cidadán
A través desta opción, a sede electrónica do Parlamento de Galicia permítelle á cidadanía a consulta electrónica tanto dos seus expedientes coma da documentación presentada a través do Rexistro da entidade. Para acceder, prema na ligazón 'A miña sede' do menú principal.
Consulta de expedientes
Para poder acceder aos seus expedientes deberá identificarse na sede electrónica, ben a través dun certificado electrónico válido, ben a través de claves concertadas. Unha vez realizada a identificación, na sección 'Consulta de expedientes' poderá visualizar unha listaxe cos expedientes que consten no Parlamento de Galicia nos que vostede interveña como persoa interesada.
Consulta do Rexistro
Do mesmo xeito que cos expedientes, para consultar a documentación que vostede presentou por rexistro deberá identificarse na sede electrónica, ben a través dun certificado electrónico válido, ben a través de claves concertadas. Unha vez realizada a identificación, poderá visualizar unha listaxe cos asentos que consten no Rexistro do Parlamento de Galicia nos que vostede interveña como persoa interesada.