Data e hora
A sede electrónica do Parlamento de Galicia, así como o seu rexistro electrónico, réxense, para os efectos do cómputo dos prazos, pola data e a hora oficiais desta sede electrónica.
A sincronización da data e da hora da sede realízase co Real Instituto e Observatorio da Armada (ROA). Para calquera trámite que se realice desde esta sede, terán validez legal a data e a hora oficiais que aquí se sinalan, e non as do equipo desde o cal se efectúa o trámite.