Identificación e titularidade
A sede electrónica do Parlamento de Galicia créase e está regulada a través do Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia, do 20 de marzo de 2017, polo que se aproban as normas de creación da sede electrónica e de regulación da xestión electrónica no Parlamento de Galicia (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, núm. 89, 24 de marzo de 2017).
O enderezo electrónico de referencia é https://sede.parlamentodegalicia.gal e a súa titularidade correspóndelle ao Parlamento de Galicia. O órgano responsable da sede electrónica é a Oficialía Maior, que será responsable de manter actualizada a relación de procedementos e de servizos que se poñan á disposición da cidadanía e das empregadas e empregados públicos nesta sede, así como os contidos nela publicados.
Correspóndelle ao Servizo de Tecnoloxías da Información a xestión e a coordinación da estrutura e dos contidos comúns da sede electrónica, así como a subministración e a xestión dos medios tecnolóxicos corporativos que a conforman.