Sistemas de identificación e sinatura

Tanto para identificarse como para realizar trámites a través da sede electrónica do Parlamento de Galicia son válidos os seguintes mecanismos:

  • Certificados electrónicos válidos
  • O sistema de claves concertadas da Xunta de Galicia Chave365

Certificados electrónicos

A sede electrónica do Parlamento de Galicia acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación.

Chave365

Chave365 permítelles aos cidadáns e ás cidadás maiores de idade identificarse e acceder aos seus expedientes e documentos na sede electrónica do Parlamento de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico. Con Chave365, a persoa identifícase co seu NIF e a súa clave de acceso persoal, mais non está dispoñible a opción de asinar documentación electrónicamente.

Máis información sobre Chave365.