Calendario de días inhábiles

Considéranse inhábiles, para os efectos do cómputo de prazos, os sábados, os domingos e os días declarados como festas laborais, agás para os procedementos relativos á Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia, para os cales o sábado considérase día hábil.

Para o 2025, os días inhábiles na Comunidade Autónoma de Galicia son os que figuran no artigo 1 do Decreto 171/2024, do 24 de xullo, polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025, na columna 'Galicia' do anexo da Resolución do 15 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de traballo, pola que se publica a relación de festas laborais para o ano 2025 e no BOP número 192 do 4 de outubro de 2024, na columna Santiago de Compostela:

 

  • Aninovo: 01/01/2026
  • Epifanía do Señor: 06/01/2026
  • Entroido: 17/02/2026
  • San Xosé: 19/03/2026
  • Xoves Santo: 02/04/2026
  • Venres Santo: 03/04/2026
  • Festa do Traballo: 01/05/2026
  • Ascensión: 14/05/2026
  • San Xoán: 24/06/2026
  • Día Nacional de Galicia: 25/07/2026
  • Asunción da Virxe: 15/08/2026
  • Día da Hispanidade: 12/10/2026
  • Inmaculada Concepción: 08/12/2026
  • Natividade do Señor: 25/12/2026