- Proposicións de lei de iniciativa popular
- Preguntas de iniciativa popular
- Proposicións non de lei de iniciativa popular
- Dereito de petición
- Solicitude de bolsas
- Achegas a lexislativos
- Procesos de selección de persoal
- Acceso a información pública
- Subvencións outorgadas polo Parlamento de Galicia
- Documentación doutras administracións
INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO
TÍTULO DO PROCEDEMENTO |
Bolsas para a formación práctica no Parlamento de Galicia |
||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
OBXECTO DO PROCEDEMENTO |
Bolsas formativas co obxecto de realizar unha formación práctica nas materias de arquivo, biblioteca e documentación, comunicación institucional, publicacións, recursos técnicos e contratación, e xestión parlamentaria, e mais unha bolsa de formación de asistencia administrativa e servizos comúns para persoas con discapacidade intelectual.
|
||||||||||||||||||||||||
PERSOAS DESTINATARIAS |
Calquera persoa que reúna os requisitos académicos e persoais establecidos nas bases da convocatoria que se aproban anualmente |
||||||||||||||||||||||||
REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA |
a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados que garden tratados internacionais coa Unión Europea e ratificados por España. b) Posuír unha titulación universitaria acorde aos requisitos expostos na convocatoria. c) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. d) Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia nin estar en ningunha das situacións de incompatibilidade previstas nas bases.
No caso da bolsa para persoas con discapacidade intelectual deberán cumprirse os seguintes requisitos: a) Ser español, nacional dun Estado membro da Unión Europea ou nacional daqueles estados que garden tratados internacionais coa Unión Europea e ratificados por España. b) Ter recoñecida oficialmente unha discapacidade intelectual en grao igual ou superior ao 33 % e a compatibilidade co desempeño das tarefas e funcións correspondentes. c) Ter feitos os dezaseis anos. d) Acreditar ter superada a escolaridade obrigatoria requirida no sistema educativo español segundo o correspondente plan de estudos no ano académico 2014-2015 ou en anos posteriores. e) Non resultar beneficiaria dunha bolsa en convocatorias anteriores no Parlamento de Galicia nin estar en ningunha das situacións de incompatibilidade previstas nas bases. |
||||||||||||||||||||||||
TRÁMITES E PRAZOS | |||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||
ORGANO RESPONSABLE |
A Mesa do Parlamento |
||||||||||||||||||||||||
MEDIOS DE PRESENTACIÓN |
|
||||||||||||||||||||||||
NORMATIVA APLICABLE |
|
||||||||||||||||||||||||
Recursos |
De acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento
administrativo común das administracións públicas (arts. 112 a 126) poderanse
interpoñer os seguintes recursos: Alzada: ante o órgano superior xerárquico poderanse
recorrer, no prazo dun mes, as resolucións e os actos de trámite que decidan
directa ou indirectamente sobre o fondo do asunto, determinen a imposibilidade
de continuar co procedemento, produzan indefensión ou un prexuízo irreparable
aos dereitos e intereses lexítimos do interesado. Potestativo de reposición: ante o mesmo órgano que ditou a
resolución ou ante o competente para resolvelo, no prazo dun mes, poderán ser
recorridos os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa, sempre
e cando, decidan directa ou indirectamente sobre o fondo do asunto, determinen
a imposibilidade de continuar co procedemento, produzan indefensión ou un
prexuízo irreparable aos dereitos e intereses lexítimos do interesado. Así mesmo, os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa
poderán ser impugnados directamente ante a xurisdición
contencioso-administrativa, no prazo de dous meses dende a súa publicación,
segundo a Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición
contencioso-administrativa. De acordo con esta norma, será competente para
coñecer do asunto a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal
Superior de Xustiza de Galicia (art. 10.1). |