INFORMACIÓN DO PROCEDEMENTO

TÍTULO DO PROCEDEMENTO

Proposición non de lei de iniciativa popular

OBXECTO DO PROCEDEMENTO

Proposicións non de lei a través das cales se lle formulen propostas de resolución á Cámara

PERSOAS DESTINATARIAS

Calquera persoa xurídica que represente intereses sociais e actúe lexitimamente a través dos seus órganos, ou calquera cidadán ou cidadá coa súa sinatura e a doutros nove e coa mención dos seus DNIs. Estas persoas deberán ser maiores de idade, gozar da condición política de galegos ou galegas e atopárense inscritas no censo electoral.

REQUISITOS E DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA

a) Texto da proposición non de lei: proposta de resolución precedida dunha exposición das razóns que, a xuízo das persoas asinantes, aconsellen a tramitación da proposición non de lei.
b) Certificación da inscrición no censo electoral das persoas propoñentes.
c) Declaración das persoas propoñentes de non estar incursas en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade aplicables nas eleccións ao Parlamento de Galicia.

d) Acreditación da representación legal (no caso de persoas xurídicas).

TRÁMITES E PRAZOS
Trámites Prazos

PRESENTACIÓN DA PROPOSICIÓN NON DE LEI NO REXISTRO

ADMISIÓN A TRÁMITE POR PARTE DA MESA DO PARLAMENTO

Un mes (art. 6 da Lei 7/2015, do 7 de agosto)

Rectificación de defectos reparables

Un mes (art. 6.b da Lei 7/2015, do 7 de agosto)

Traslado á Xunta Electoral para a tramitación da recollida de sinaturas (Requiridas polo menos 2.500)

Comunicación da Xunta Electoral da acreditación do número de sinaturas válidas

Acordo da Mesa do Parlamento para a admisión e orde de publicación

Prazo para que sexa asumida polos grupos parlamentarios

Quince días hábiles seguintes ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (arts. 16.2.c) e 16.3 da Lei 7/2015, do 7 de agosto)

Acordo da Mesa do Parlamento para a asignación ao grupo parlamentario e ao órgano de tramitación, ou declaración de decaemento

Prazo para inclusión na orde do día do Pleno ou da comisión

Poden ser incluídas transcorridos tres días hábiles desde a súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (art. 161 do Regulamento do Parlamento de Galicia e Resolución da Mesa do Parlamento de Galicia, do 30 de agosto de 2005, de modificación das Normas supletorias referidas ao contido, ao prazo de inclusión na orde do día e á cualificación das emendas presentadas ás proposicións non de lei).

Prazo de presentación de emendas por parte dos grupos parlamentarios

Até seis horas antes de que se inicie a sesión en que se vai debater

MEDIOS DE PRESENTACIÓN

  • Por vía electrónica a través do cartafol cidadán
  • No Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia (rúa do Hórreo, 63, 15701 Santiago de Compostela. Tel. 981 551 300)
  • Por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

NORMATIVA APLICABLE

  • Regulamento do Parlamento de Galicia (arts. 160 a 162).
  • Lei 8/1985, do 13 de agosto, de eleccións ao Parlamento de Galicia (arts. 4 e 6).
  • Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia (art. 16).

RECURSOS

Non cabe recurso (art. 16.2.a da Lei 7/2015, do 7 de agosto).

Reintegro de gastos

Se a proposición non de lei é aprobada polo Parlamento, a persoa propoñente poderá solicitar o reintegro dos gastos realizados de acordo co establecido na normativa de subvencións (art. 16.2.e) da Lei 7/2015, do 7 de agosto, de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia).